FESTA DA EMPANADA 2025

Published by

on

Un ano mais o Domingo das festas de San Bartolomeu acólleu unha nova edición da FESTA DA EMPANADA.

Este ano tivo lugar no Campo da Feira, un emprazamento perfecto para a celebración dunha FESTA DE EMPANADA que ano tras ano congrega a mais xente gozando das festas e a degustación de EMPANADAS típicas de nosa Vila.

Este ano como sempre celebrouse da man de Electrodomésticos Caracas. Cenor o tradicional CONCURSO DA EMPANADA, dúas categorías, profesionais e afeccionado, onde o cadro de honra deste ano quedou da seguinte forma:

1º CLASIFICADO: COCIÑA A DO PEPE – MARISCADA

2º CLASIFICADO: PUENTE DE SAN FRANCISCO- MAZAN

3º CLASIFICACO: PUENTE DE SAN FRANCISCO- CONGRIO

1º CLASIFICADO: MARI CARMEN MORAN – POLO CON PICADILLO DE XAMON IBERICO

2º CLASIFICADO: CAETANO GOMEZ – PULPO E LANGOSTINOS

3º CLASIFICACO: Mª TERESA PESTONIT – XOUBAS DE MILLO

COCIÑA A DO PEPE, gaña por segundo ano consecutivo o concurso de empanadas na categoría Profesional, noraboa e a seguir traballando igual de ben .

O longo da mañan os veciños da Vila e a xente que visitaba a nosa Vila gozaron dunha mañan da FESTA DA EMPANADA, puideron adquirir as súas racións as cales podían ter premio, premios doados por Electrodomésticos Caracas – CENOR. Moitos xa foron recollidos na mesma mañan do Domingo outros seguen agardando os seus donos, os números pendentes de recoller o seu agasallo son os seguintes:

Os agraciados poden pasar polas instalacions do Julio Mato a recoller o seu agasallo.

Dende o Club de Futbol Noia queremos agradecer en primeiro lugar a Electrodomesticos Caracas CENOR, Manolo sin a vosa colaboración esta festa da Empanada non seria posible.

Agradecer os participantes do Concurso tanto Afeccionado como profesionais, e os membros do xurado.

Grazas os membros da directiva e colaboradores que traballaron arreo para que a Festa salira a diante nun novo emprazamiento e con pouco marxeen de tempo.

Agradecer os obradoiros da nosa vila que colaboraron na elaboración das empanadas, Chon, San Francisco, Pan Noia, Estrella de Portosin, A Taberna do Lelo, Dubraseda, O Couto. Os provedores da materia prima, Alimenticios Caamaño, Bacalaos Outon, Comercial Pedrosa, Bacalaos Ferro, Cofradia de Pescadores San Bartolome.

Un agradecemento especial para a corporación Municipal que aínda con poucos dias de responsabilidade estiveron en todo momento preocupados e dispoñibles nas necesidades que puideramos ter, Moitísimas grazas a todos.

O vindeiro ano voltaremos a desfrutar dun dia cheo de tradición e de Empanadas.

Deja una respuesta